17 proxectos reciben unha concesión do Estado na comarca no proceso da Transición Xusta

TerraChaXa
Contempla o impulso a 17 proxectos de distinta tipoloxía en 12 concellos das provincias da Coruña e 2, de Lugo
presentacion nova oficina transicion xusta as pontes1
presentacion nova oficina transicion xusta as pontes1
10 feb 2023

José Miñones subliña o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez pola transición xusta coa concesión de 12,4M€ a proxectos de concellos galegos afectados por este proceso. A resolución contempla o impulso a 17 proxectos de distinta tipoloxía en 12 concellos das provincias da Coruña e 2, de Lugo.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou hoxe o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez pola transición xusta, como o amosa a concesión de 12,4 millóns de euros para impulsar 17 proxectos en concellos galegos afectados polos procesos de peche de centrais térmicas (As Pontes e Meirama).

José Miñones avanzou a resolución do convocatoria de axudas á mellora de infraestructuras ambientais, sociais e dixitais en municipios afectados pola transición enerxética, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A resolución foi feita pública hoxe polo Instituto para a Transición Xusta, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

José Miñones reiterou a aposta do Goberno pola “revolución verde en Galicia” a o apoio aos concellos afectados polo peche das centrais térmicas, dando “oportunidades reais” para o desenvolvemento social e económico dos municipios e impulsando novas iniciativas empresariais que creen emprego e futuro nos mesmos.

A resolución publicada hoxe é un exemplo deste apoio, co impulso a 17 proxectos que se executarán en inmobles e espazos públicos municipais e sobre bens de dominio público.

“Falamos de proxectos que mellorarán a calidade de vida da cidadanía destes municipios, mellorando servizos sociais, culturais e de emprendimento, e contribuíndo á mellora ambiental de zonas verdes e urbanas de distintas localidades”, destacou o delegado. José Miñones fixo fincapé en que gran parte dos proxectos se desenvolverán en municipios de reto demográfico, “que teñen habitualmente máis dificultades para afrontar grandes investimentos”.

O delegado lembrou que o Goberno puxo en marcha o pasado verán unha Oficina de Transición Xusta no centro de empresas Seara, nas Pontes, e que está xestionada por técnicos da empresa pública Tragsa. Esta oficina está a disposición dos 19 concellos con convenios de transición para perfilar as súas candidaturas e captar os máximos fondos posibles das distintas liñas de axudas e de apoio ao investimento produtivo nestes territorios.

Os 17 proxectos desenvolveranse en 12 concellos da provincia da Coruña e en dous concellos da provincia de Lugo, tal e como se detallan a continuación:

SUBVENCIONS TRANSICION XUSTA 1