185 deportistas recibirán as axudas da Deputación

TerraChaXa
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a concesión das axudas a deportistas indivisuais.
28 Nov 2019

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a concesión das axudas a deportistas indivisuais. Unha liña de axudas das que se benefican un total de 185 deportistas seguindo criterios obxectivos como os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A contía das axudas vai desde os 300 euros aos 1.500 euros, sumando un total de 85.500 €.

Esta achegas benefician a deportistas que practican deportes individuais, como atletismo, tiro olímpico, judo, natación, kárate, taekwondo, piragüismo, loita… deportes con menos visibilidade polo que moitas veces teñen máis complicadas as achegas de patrocinadores privados.

Algúns dos deportistas que reciben estas bolsas son nomes coñecidos como os atletas Adrián Ben, Saleta Fernández e Nuria López; a judoka Sara Álvarez Folgueira, o loitador Carlos Yobani García, ou o nadador Mauro Baliña.

Catro mulleres entre os cinco con maior puntuación

Catro das cinco bolsas de maior contía están destinadas a mulleres deportistas, e en total as mulleres suman o 43% das bolsas e do importe total das axudas, “unha mostra de que cando se aplican os criterios obxectivos, as mulleres deportistas son capaces de chegar aos mesmos niveis competitivos que os homes” sinalou a Vicepresidenta, Maite Ferreiro.

Ademais 5 das bolsas estaban especialmete dirixidas integramente a deportistas con capacidades diferentes, nunha clara aposta pola integración de todas as persoas, tamén no eido deportivo.

0.10880708694458