Malestar da alcaldía de Viveiro coa Xunta debido ás maneiras de anunciar as melloras na vila a través do candidato do PP

TerraChaXa | AMariñaXa
María Loureiro, alcaldesa de Viveiro falou con respecto aos anuncios que apareceron nos últimos días na prensa local sobre as melloras que vai a executar a Xunta de Galicia na vila.
7 Maio 2019

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro falou con respecto aos anuncios que apareceron nos últimos días na prensa local sobre as melloras que vai a executar a Xunta de Galicia na vila. Agradece todas melloras que se realizan a favor de Viveiro, o que supón un beneficio para o concello e para todos os veciños e veciñas que nel viven. 

Poren, comenta que "as formas de anunciar estas melloras parécenme indignantes e supoñen unha falta de respecto tanto para min, como alcaldesa, como para os demais concelleiros da corporación e, sobre todo, para os veciñas e veciñas. Por que así o quixeron os veciños e ata o vindeiro 26 de maio, nós continuamos a conformar o equipo de goberno e, polo tanto, considero totalmente inapropiado que teñamos que enterarnos destas melloras a través da prensa; é inaceptable que a Xunta de Galicia utilice á candidato do Partido Popular para anunciar actuacións como é o derribo dos galpóns ou o arranxo da estrada que une Viveiro co Valadouro, asuntos para os que o goberno local leva anos demandando e que xa se tiñan anunciado no seu momento".

Explica que grazas ao último destes anuncios publicados na prensa "tivemos coñecemento do pintando dun paso de peóns en Magazos; como dixen, parécenos ben que se realicen este tipo de actuacións, neste caso en beneficio da seguridade dos veciños, pero considero que a Xunta de Galicia debería ter comunicado esta actuación previamente ao concello tendo en conta, sobre todo, que se trata dunha zona urbana, con gran cantidade de vivenda e un hipermercado, que supón, ademais, unha das entradas e saídas a Viveiro".

Glorieta de Landrove

A rexedora tamén adianta que atendendo ás demandas veciñais con repecto á glorieta de Landrove "no día de hoxe púxenme en contacto persoalmente con Gerardo Pallares, Xefe de Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo, para explicarlle esta situación e solicitar, como titulares da vía, a adopción dalgunha medida que servise para evitar a problemática existente". Gerardo Pallares confirmou que visitará a zona para analizar a situación e buscar a mellor solución ao respecto.

0.091974020004272