A Ponte de Outeiro convoca a Festa da Troita para o 15 de abril

TerraChaXa | LugoXa
Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, festexa o día 15 de abril a tercera edición da Festa da Troita, que inclúe o concurso de pesca.
festa da troita ponte de outeiro portada
festa da troita ponte de outeiro portada
23 mar 2023

A localidade de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, festexa o día 15 de abril a tercera edición da Festa da Troita, que inclúe o tradicional concurso de pesca nas modalidades de lance, cebo e mosca.

O concurso iniciarase oficialmente na noite do venres 14 co sorteo de dorsais no Teleclub de Ponte de Outeiro. O sábado, a concentración de pescadores será ás 7.30 horas para iniciar os concursos ás 9.00. Rematarase sobre ás 13.00 horas para celebrar o xantar de irmandade e a entrega de premios. Previamente ao xantar haberá sesión vermú a cargo do grupo Epo-K, que volverá tocar ás 18.00 horas, a mesma hora que está prevista unha sesión de xogos populares.

Pola noite haberá verbena a cargo da orquestra Marbella e se completará a sesión musical coa actuación de Eventec e Cosmedeejay.

Como non podía ser doutro xeito, haberá degustación de troitas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

Os interesados en participar no concurso teñen que inscribirse antes do 10 de abril no teléfono 619 703 373. Ten un prezo de 45 euros con xantar incluído. Os que desexen só participar non xantar teñen que facerse co ticket, de 30 euros, no bar o Ribeirego.

festa da troita ponte de outeiro