21 rapaces participaron en Vilalba no I Campus de Porteiros este Nadal
TerraChaXa
Contou co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e diversas entidades colaboradoras
![primeiro-campus-porteiros-vilalba](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2024/12/primeiro-campus-porteiros-vilalba.jpg)
30 Dec 2024
Un total de 21 rapaces nados entre os anos 2006 e 2013 participaron a fin de semana no I Campus de Porteiros Álex Santomé organizado polo RC Vilalbés. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, de 9:30 a 13:30 horas, no anexo ao campo da Magdalena.
No campus participaron rapaces tanto do club organizador como doutros equipos da provincia, que recibiron descontos na compra de luvas da marca SK Sports.
Este campus contou co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e diversas entidades colaboradoras. A formación estivo a cargo de Pedro e Duarte.