24 chairegos desempregados comezarán a traballar co Ben Empregado 4
O Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno os 154 novos postos de traballo para lucenses no paro en entidades da provincia grazas aoBen Empregado 4, máis social. Trátase da última edición deste plan de emprego dotado con 2,2 millóns de euros do Executivo Provincial, dentro da súa aposta por xerar emprego de calidade, defendendo a igualdade e os dereitos dos traballadores. O organismo provincial publicará os perfís dos traballadores e os lucenses seleccionados en http://benempregado.deputacionlugo.org/index.php. Unha vez notificados os novos empregos, as empresas e entidades terán un prazo de 5 días hábiles para realizar as contratacións. Ademais, a semana que vén tamén se publicarán os 27 postos, que quedaron desertos do Ben Empregado 4, aos que se poderá inscribir calquera desempregado lucense.
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “destes 135 novos postos postos de traballo que xeramos dende o Goberno da Deputación en 30 Concellos da provincia, é dicir, o 88% son contratos a xornada completa, e 16 son contratos indefinidos, que se suman aos 60 acadados nas anteriores edicións do Ben Empregado, dentro do noso compromiso con todos os lucenses na creación de emprego estable e de calidade que protexa os dereitos dos traballadores”.
“Son 14 persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral as que comezarán a traballar en entidades da provincia a través desta última edición do Ben Empregado. Estes novos contratos súmanse ás 50 persoas de colectivos vulnerables que atoparon traballo grazas as políticas de emprego que levamos a cabo dende o Goberno da Deputación. É unha satisfacción ver que o labor que estamos realizando dende o Executivo Provincial é útil e acada bos resultados para todos e cada un dos nosos veciños, dentro da nosa firme aposta por facer desta institución unha Deputación sumamente social, rural e que traballa por e para as persoas”.
Axudas dun máximo de 22.000 euros
O Ben Empregado 4, máis social inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses. O organismo provincial asume ao 100% os custes laborais de 19 traballadores con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, ao 90% a contratación de 39 novos empregados en asociacións da provincia e o 50% de123 traballadores en xeral.
Dos 181 novos postos de traballo, 11 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 24 da Comarca da Terra Chá; 9 na de Sarria; 79 na de Lugo; 3 na da Ulloa; 10 na da Montaña; 18 en Lemos e Chantada.
Terra Chá
A distribución dos 24 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 5 Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:
- Son 18 empresas as que contratarán a 16 desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Abadín, 1 auxiliar de produción en viveiro de plantas; en Castro de Rei, 1 mecánico-recambista, 1 axudante de cociña; en Cospeito, 1 palista, 1 dependente/a, 1 albanel; en Meira, 1 repartidor, 1 oficial de servizos; en Vilalba, 1 dependente, 1 axudante camareiro, 1 dependente/a, 1 axudante de camareiro/a, 1 auxiliar administrativo/a, 1 pintor, 1 camareiro/a, 1 peón fabricación de queixos.
- Son 4 empresas as que contratarán a 4 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 dependente e 1 peón limpeza; en Vilalba, 1 administrativo e 1 camareiro/a.
- Son 2 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán a 2 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Vilalba, 1 oficial administrativo e 1 xestor/a deportivo taekwondo.