24 pilotos de rally recibirán unha achega por parte da Deputación
Vintecatro pilotos lucenses beneficiaranse das bolsas para deportistas individuais na especialidade de rally de asfalto, terra ou montaña que concede a área de Deportes. A Xunta de Goberno aprobou este venres a concesión das achegas, que suman un importe de 45.000 euros.
As axudas teñen por obxecto a cobertura dos custos relacionados coa actividade competitiva. Dacordo coas bases, entréganse a pilotos federados empadroados en concellos lucenses que teñan participado como mínimo nunha das catro probas oficiais federadas que se disputan na provincia - Rally San Froilán, Rally da Ulloa, Subida a Chantada e Subida á Pontenova – ou en dúas probas de carácter oficial fóra da provincia.
Trátase de bolsas en réxime de concorrencia competitiva, na que se valoran os méritos deportivos acadados polos pilotos ao longo da temporada.