Abre o prazo do programa para maiores Xuntos polo Nadal
Os concellos da Chaira abriron o prazo de inscrición para o programa Xuntos polo Nadal, da Xunta de Galicia, que está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia comprende os servizos da estancia na residencia durante 16 días, o aloxamento e a manutención en pensión completa, desprazamentos en autobús e actividades de animanción.
As persoas beneficiarias deben ter 60 anos, estar empadroado nalgún concello galego, vivir so no seu domicilio e ter que pasar só as datas do Nadal, non valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou de conduta non compensados que poidan alterar a convivencia.
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM, 537,84 euros ao mes, asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores contribuirán ao pago da estancia con 50 euros.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de novembro.