39 locais participarán no concurso de tapas do Queixo San Simón de Vilalba

TerraChaXa
39 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano á XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa, que se realizará previamente á feira, que será o 6 de abril.
tapassansimon_portada
4 Mar 2019

39 locais de hostalería de Vilalba sumaranse este ano á XII edición do Concurso de Tapas do Queixo San Simón da Costa, que se realizará previamente á feira, que será o 6 de abril. Do 39 locais, cinco se presentarán na categoría de tapa creativa e o resto en tradicional, aumentando así o dato de participación con respecto ao ano pasado.

O concurso de tapas deste ano desenvolverase entre o 21 e o 31 de marzo e estivo aberto á participación de todos os locais. Xa o ano pasado tivo unha gran repercusión xa que participaron 38 locais.

Durante estos dez días de tapas, cada local presentará a súa proposta a un público esixente cun único requisito, que conteña queixo San Simón da Costa.
Como en edicións anteriores, haberá dúas categorías neste concurso de tapas, as creativas e as tradicionais. De cada un destes grupos escolleranse catro semifinalistas, que serán as catro máis votadas polo público, e as que se presenten na gran final, que terá lugar o sábado, aínda que a hora non está determinada.

Para dárlle máis relevancia a esta final, os oito pratos seleccionados terán que cociñarse en directo e posteriomente serán valorados por un xurado formado por un representante do Concello, outro da Denominación de Orixe e dous cociñeiros, aínda sen determinar, o mesmo día da Feira.

Para poder probar as tapas deste concurso hai que acudir aos locais participantes en horario de tapeo polas tardes e as fins de semana tamén ao mediodía. As tapas do concurso terán un prezo de 1,50 euros os da categoría tradicional e a partir de 2,50 as da categoría creativa.

Os consumidores poderán ademáis participar na Ruta do Tapeo ata o día 31 de marzo de 2019. Haberá a disposición do usuario unhas papeletas nas que aparecerán todos os establecementos participantes, así como un mapa indicador da súa localización. Cada establecemento dispón dun espacio para que o consumidor, ao degustar a tapa, poida solicitar que lle selen o devandito espacio coa marca do establecemento.

Cando o consumidor acade dez selos de dez establecementos diferentes, pode introducir a papeleta debidamente cumplimentada cos seus datos persoais, pasando así a participar no sorteo de varios agasallos que se sortearán ao finalizar o concurso e serán citados, previa chamada telefónica, para a súa recollida.

tapassansimon
0.072177886962891