A ADC San Xoán organiza o sábado 29 unha churrascada

A ADC San Xoán de Guitiriz organiza unha churrascada na última fin de semana do mes, con comida, ritmo e diversión.
O acto dará comezo ás 14.00 horas, cunha sesión vermú acompañada de pinchos e música. Sobre as 17.00 horas, terá lugar un campionato de tute, que terá un prezo de 20 euros por parella. O 100 % do recadado irá destinado aos premios.
Xa rematando o día, pola noite terá lugar a churrascada, cun prezo de 15 euros. Os menores de 10 anos irán de balde. Ademais, haberá unha verbena con animación musical.
Para os máis pequenos, instalaranse inchables durante toda a tarde, a partir das 14.00 horas.
Todas aquelas persoas que estean interesadas en asistir deberán chamar aos teléfonos 649 043 738 ou 676 547 454, ou acudir directamente aos locais colaboradores, Soa e Korreo.