A alcaldesa de Rábade demanda máis actuacións á Deputación de Lugo na vila

LugoXa | TerraChaXa
A rexedora demandoulle á presidenta provincial o arranxo urxente do firme, moi deteriorado pola presenza continua de camións de gran tonelaxe
demandas-rabade-deputacion
15 Jun 2026

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, mantivo recentemente unha reunión coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, na que lle trasladou as demandas da localidade en relación coa institución provincial.

Entre as peticións, a necesidade urxente da actuación na Rúa Bautista Núñez que da acceso ao polígono industrial e á LU-P-5101 que comunica Rábade e Friol, de titularidade provincial e que, o pasado venres, foi licitada en Xunta de Goberno.

A rexedora demandoulle á presidenta provincial o arranxo urxente do firme, moi deteriorado pola presenza continua de camións de gran tonelaxe, así como sinais en ambos os dous lados de limitación de tonelaxe e dous pasos de peóns que non existen e que son prioritarios para garantir a seguridade viaria.

Ademais desta petición, que vén de ser atendida polo Goberno provincial cun investimento de 68.000 euros, a rexedora tamén lle trasladou a necesidade de arranxar os vestiarios antigos e o terreo de xogo do campo de fútbol, así como a creación dun aparcadoiro e o arranxo dos vestiarios do pavillón municipal, actuacións “moi necesarias” polo gran número de actividades deportivas que acollen.

Remedios González agarda que a Deputación provincial atenda de xeito “urxente” estas demandas e poder asinar convenios de colaboración entre ambas as institucións para facer fronte a estas necesidades da vila.

0.1244478225708