A alimentación será o tema da charla de Espazo en Familia deste luns nas Pontes

TerraChaXa
Trátase dunha charla sobre a relación co corpo e a comida dende a saúde mental
charla-espazo-en-familia-alimentacion
Cartel do evento
18 Maio 2024

O Concello das Pontes puxo en marcha a terceira edición do programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia, dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.

A seguinte sesión será este luns, 20 de maio, ás 18.00 horas no soto da Casa Dopeso. Trátase dunha charla sobre a relación co corpo e a comida dende a saúde mental.

Nesta ocasión relacionarase a comida coa saúde mental e se abordarán temas como os hábitos alimentarios e como afecta os cambios físicos durante a infancia e a adolescencia.

Darase a coñecer a gordofobia e en que repercute na saúde mental, que relación teñen a alimentación e o cerebro e os tipos e maneiras de previr os TCA.

Espazo en Familia e unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario ofrecer aos pais e nais un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordalas con éxito, ademais de poder aprendan a desenvolver accións de crianza positiva que faciliten e promovan o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

O programa, a través de sesións grupais e individuais e accións de formación, abordará nesta terceira edición temáticas relacionadas coas etapas evolutivas das crianzas, manexo de emocións, os principais riscos das pantallas, prevención de adicións, entre outras.

0.17438697814941