A ANPA do CEIP O Salvador continuará en agosto co campamento de verán

TerraChaXa
O prazo de matrícula está aberto ata o 26 de xullo
campamento-veran-nenos
campamento-veran-nenos
23 Xuño 2024

A ANPA do colexio O Salvador da Pastoriza continuará no mes de agosto co campamento de verán, que terá lugar entre o 1 ao 31 de agosto, de 9.00 a 14.00 horas.

Está dirixido a nenos de 3 a 12 anos e terá lugar no CEIP O Salvador. Os interesados en anotarse poden facelo solicitando o formulario no teléfono 659 032 194.

O prezo para o mes completo será de 190 en agosto. En caso de xuntar máis de dez nenos o prezo baixará a 150 euros. A monitora será Alba Luaces.

O prazo límite para anotarse nesta segunda quenda é o 26 de xullo.

0.18901896476746