A ANPA do CEIP O Salvador de Pastoriza retoma o servizo de madrugadores para o novo curso

A ANPA do CEIP O Salvador de Pastoriza volverá ofrecer este curso o servizo de madrugadores para facilitar a conciliación das familias. O programa comezou o 9 de setembro e está previsto que se manteña ata o 21 de xuño de 2027.
O servizo desenvolverase de luns a venres, en horario de 7.30 a 9.30 horas, no pavillón municipal de Pastoriza. Para participar será necesario realizar a inscrición e cada usuario deberá levar o seu propio almorzo.
As familias socias da ANPA poderán acceder ao servizo por 35 euros ao mes ou optar pola modalidade de días soltos, cun prezo de 10 euros por día. No caso das persoas non socias, a tarifa será de 50 euros mensuais ou de 20 euros por día solto.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Pastoriza e enmárcase nas medidas destinadas a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poden contactar cos teléfonos 674 182 584 e 627 536 577, ou acudir á Libraría Bazar Soños.