A anpa do CEIP O Salvador fará o día 16 unha festa de Nadal

TerraChaXa

A anpa CEIP O Salvador da Pastoriza organiza o próximo sábado, 16 de decembro unha festa de Nadal para os máis pequenos.

festa nadal anpa o salvador portada
festa nadal anpa o salvador portada
9 dic 2023

A anpa CEIP O Salvador da Pastoriza organiza o próximo sábado, 16 de decembro unha festa de Nadal para os máis pequenos. Esta será a partir das 16.00 horas no salón de actos do concello.

A sesión contará con música, manualidades, merenda e sorpresiñas. Tamén terá lugar a representación teatral O feitizo de Nadal, adaptación propia da obra El embrujo de la Navidad.

A festa ten un prezo de 3 euros e para os socios a entrada será de balde.

Para asistir é necesario apuntarse no 659 032 194 e todos os pequenos asistentes poderán entregar a súa carga a Papá Noel.

festa nadal anpa o salvador