A Asapa da Pastoriza reclama a Medio Rural a recuperación do servizo veterinario

TerraChaXa
A Asapa remitiu un escrito á Consellería de Medio Rural para facerlle coñecer dos transtornos económico pola perda do servizo de veterinario.
vacas
10 Out 2021

A Asapa (asociación de empresarios de A Pastoriza) remitiu un escrito á Consellería de Medio Rural para facerlle coñecer dos transtornos económicos que supón para a localidade a perda do servizo de veterinario.

Afirman que a falta deste servizo implica que teñen que desprazarse a outros concellos (a máis de 30 km) para poder realizar calquera tipo de trámite relacionado coa actividade gandeira, "e esto repercute unha perda de ingresos no noso Concello".

Explican os comerciantes que A Pastoriza é un Concello de casi tres mil habitantes, cunha superficie de 175 km cadrados, onde a principal actividade e fonte de ingresos é a gandeiría agrícola de leite e de carne que conta con máis de 14.500 cabezas de gando, sendo o segundo concello de Galicia de maior número, xustificado coas estadísticas públicas.

Os comerciantes engaden que "o noso propósito é botar unha man os nosos veciños, xa que é un problema que afecta a todos" e invitan ao conselleiro a que veña coñecer a situación actual e así poida valorar en primeira persoa o asunto".

"Pola contra, si reflexiona sobre isto e ve posíbel que poidamos voltar á gozar deste servizo, estaríamos moi agradecidos", conclúen.

0.15291595458984