A Asociación Galega de Custodia do Territorio recibe o premio Cogomelo Lucus

TerraChaXa | LugoXa
O premio Cogomelo Lucus, por medio da Sociedade Micolóxica Lucus, recaeu na Asociación Galega de Custodia do Territorio.
asociacion custodia territorio cogomelo lucus
asociacion custodia territorio cogomelo lucus
2 Dec 2021

O deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, participou este mércores na entrega do premio Cogomelo Lucus que nesta ocasión a Sociedade Micolóxica Lucus decidiu conceder á Asociación Galega de Custodia do Territorio, que xestiona espazos de titularidade provincial tan importantes como as Insuas do Miño e Ollos de Begonte, integrados na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

No acto, celebrado no Restaurante España e que contou cunha degustación de fungos, Raposo valorou que “ademais dun valor ambiental moi importante, os cogomelos son un apreciado produto culinario que xera valor engadido”.

0.19309592247009