A asociación A Pena de Cospeito rende unha homenaxe a Darío Xohán Cabana

TerraChaXa
O domingo,7 de abril, ás 18,30, na Casa da Cultura de Feira do Monte, terá lugar un acto en lembranza de Dario Xohan Cabana, organizado pola asociación veciñal A Pena de Santa Mª de Cospeito.
16 mar 2024

O domingo,7 de abril, ás 18,30, na Casa da Cultura de Feira do Monte, terá lugar un acto en lembranza de Dario Xohan Cabana, organizado pola asociación veciñal A Pena de Santa Mª de Cospeito.

Con este homenaxe o colectivo que ofrecer un “recoñecemento e gratitude ao home sinxelo e traballador, amante do seu país, grande poeta que cantou coma ningué á Terrachá”.

A sesión combinará música e poesía, xa que contará coa actuación do cuarteto vocal Son de Corda.

A actuación é de entrada libre e gratuíta.

Darío Xohán Cabana Yanes, unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas. O escritor e tradutor, nado en Roás no ano 1952, faleceu o 17 de novembro aos 69 anos de idade. Ao longo de máis de medio século de vida, Darío Xohán Cabana cultivou case todos os xéneros en máis de corenta títulos dirixidos tanto ao público adulto como ao máis novo.