A Asociación Agarimo de Santaballa organiza unha excursión a Ribas de Sil e Quiroga

TerraChaXa
As prazas son limitadas a 23 persoas e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de maio
Monasterio_de_San_Clodio
7 May 2026

A Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa promoverá o próximo 19 de maio unha excursión dentro do programa Coñece a túa Provincia, impulsado pola Deputación de Lugo. A actividade permitirá ás participantes descubrir distintos espazos patrimoniais, culturais e naturais dos concellos de Ribas de Sil e Quiroga.

A saída está prevista para as 9.10 horas desde a Liga Santaballesa e a participación será gratuíta, incluíndo o desprazamento en autobús, guía, entradas e xantar.

O itinerario contempla visitas á Granxa Gayoso Castro, á Abadía de San Clodio, ao Centro de Interpretación da Minería Aurífera e ao xeomiradoiro de Campodola, ademais dunha parada nunha adega da zona.

Desde a organización indican que as prazas son limitadas a 23 persoas e o prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 11 de maio. Para formalizar a inscrición será necesario facilitar nome, apelidos e número de DNI.

A asociación tamén solicita que as persoas participantes comuniquen previamente posibles alerxias ou necesidades alimentarias específicas para facilitar a organización da xornada.

0.13889288902283