A asociación Avelino Díaz preséntase ante os veciños este sábado

TerraChaXa | AMariñaXa

A nova directiva da Asociación Cultural Avelino Díaz convoca a toda a veciñanza á celebración da súa primeira reunión, que terá lugar este sábado, ás 20.

reunion asociacion avelino diaz
reunion asociacion avelino diaz
19 abr 2024

A nova directiva da Asociación Cultural Avelino Díaz convoca a toda a veciñanza á celebración da súa primeira reunión, que terá lugar este sábado, ás 20.00 horas na casa da cultura de Meira.

O obxectivo da mesma é dar a coñecer o seu proxecto así como presentarse ante os veciños.

Este colectivo busca a distinción para o poeta local do Día das Letras Galegas, obxectivo co que levan traballando varios anos.