A Asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño arranca de novo o club de lectura

TerraChaXa
Lerase un libro ao mes e se reunirán o último venres na biblioteca da Casa da Cultura de Muimenta
libros-leer-letras-galegas-biblioteca
15 Sep 2026

A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta arranca unha nova quenda do club de lectura dirixido ao público adulto ou xuvenil co obxectivo de fomentar a relación entre a veciñanza de Muimenta e descubrir novos libros ou escritores/ras.

É unha actividade totalmente gratis que terá lugar na casa da cultura de Muimenta os últimos venres de cada mes, ás 21.00 horas, durante 60 minutos. Ademais, todo o que queira asistir non ten que inscribirse previamente.

 

0.093869924545288