A Asociación Cultural Avelino Díaz celebrará a súa asemblea xeral ordinaria o sábado en Meira

TerraChaXa | AMariñaXa
Na orde do día tamén figura a exposición, debate e aprobación do informe de xestión do colectivo e a renovación da directiva
concurso-avelino-diaz
22 May 2026

A Asociación Cultural Avelino Díaz convocou a súa asemblea xeral ordinaria para o sábado, 23 de maio, na Casa da Cultura de Meira. A reunión celebrarase ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda convocatoria.

Durante a sesión abordarase a lectura e aprobación, se procede, das actas das anteriores asembleas ordinaria e extraordinaria celebradas o 20 de setembro de 2025.

Na orde do día tamén figura a exposición, debate e aprobación do informe de xestión da asociación, no que se analizará o estado actual da entidade, as actividades realizadas, as accións iniciadas, así como o número de persoas asociadas e entidades representadas.

Outro dos puntos destacados será a presentación e aprobación do informe económico, que será exposto durante a propia asemblea.

Ademais, procederase á renovación da xunta directiva da asociación, podendo presentarse candidaturas ata o mesmo momento da celebración da reunión.

A sesión incluirá tamén un debate sobre o proxecto de actividades para o período 2026-2027, no que se poderán incorporar propostas realizadas polas persoas asistentes. Segundo recolle a convocatoria, este punto servirá tamén para abrir unha reflexión sobre o futuro da asociación.

A xornada rematará cunha rolda aberta de intervencións para as persoas participantes.

0.12424683570862