A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha excursión aos Ancares o 20 de maio

TerraChaXa
A actividade conta con 23 prazas e as reservas poderán realizarse ata o 12 de maio
Os-Ancares
8 May 2026

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol promoverá o vindeiro 20 de maio unha excursión aos Ancares dentro do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. A actividade incluirá visitas a Piornedo e Navia de Suarna, ademais de transporte en autobús, visitas guiadas e xantar gratuíto para as persoas participantes.

A saída está prevista para as 9.20 horas, con parada xunto á igrexa e na Escola do Santo. Durante a xornada realizarase unha parada na Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei. Posteriormente, o grupo visitará Piornedo, onde terá acceso á palloza-museo Casa do Sesto, un dos elementos máis representativos da arquitectura tradicional da montaña lucense.

A excursión continuará en Navia de Suarna, onde tamén está programada unha visita a unha fábrica de embutidos da zona.

A actividade conta con 23 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición, tendo prioridade as persoas socias da entidade organizadora. As reservas poderán realizarse ata o 12 de maio contactando cos teléfonos 675 987 412 ou 627 395 122.

A iniciativa está promovida pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Vilalba.

0.15612602233887