A Asociación de Empresarios de Muimenta organiza unha charla sobre dereito sucesorio e herdanzas

TerraChaXa
A conferencia terá lugar o vindeiro xoves, 24 de abril, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Muimenta
Casa-da-Cultura-Muimenta-Cospeito
20 Apr 2025

A Asociación de Empresarios de Muimenta, en colaboración co Concello de Cospeito, organiza unha charla informativa sobre o dereito sucesorio e as herdanzas, que será impartida polo bufete Jacobo Vázquez Abogados.

A conferencia terá lugar o vindeiro xoves, 24 de abril, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Muimenta. Esta actividade, de acceso gratuíto, está aberta a toda a veciñanza interesada en coñecer máis sobre estes temas legais de gran relevancia.

A organización anima a participar a todas as persoas interesadas, xa que a charla abordará cuestións clave relacionadas coa xestión de herdanzas e o marco legal que as regula.

⚙ Configurar cookies
0.15921306610107