A Asociación de Empresarios de Vilalba programa formacións para os comercios locais durante o mes de outubro

TerraChaXa
Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro
formacions-comercio-local
26 Sep 2026

A Asociación de Empresarios de Vilalba desenvolverá durante o mes de outubro un programa de formación dirixido aos establecementos comerciais do municipio, con sesións prácticas orientadas a facilitar a aplicación dos coñecementos no día a día dos negocios.

O primeiro bloque de formacións estará centrado nas redes sociais, co obxectivo de axudar aos comerciantes a identificar as plataformas máis axeitadas para cada negocio e a mellorar a súa xestión e utilización. A primeira sesión terá lugar o martes 6 de outubro baixo o título Redes Sociais para o comercio local e será impartida por Dona Publi.

A programación continuará o martes 13 de outubro cunha segunda sesión dedicada á Creación de contido para RRSS, tamén a cargo de Dona Publi. Ambas as actividades desenvolveranse entre as 14:45 e as 15:45 horas.

O calendario formativo inclúe ademais outras dúas propostas. Para o martes 20 de outubro está prevista, aínda que pendente de confirmación, unha sesión sobre IA para o comercio local, mentres que o martes 27 de outubro será a quenda da formación Xestión de empresas para o comercio local.

Desde a Asociación de Empresarios de Vilalba animan aos comerciantes a participar nestas actividades e sinalan o carácter práctico dos contidos. Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro.

0.16666293144226