A Asociación de Empresarios Sete Pontes prepara as novas Xornadas 4.0

TerraChaXa
812/10000A Asociación de Empresarios de Vilalba segue apostando pola formación dos seus asociados e inaugurará o próximo 28 de abril un novo itinerario formativo dirixido a todas as empresas industriais da asociación.
FORMACion vilalba sete pontes
FORMACion vilalba sete pontes
17 abr 2021

A Asociación de Empresarios de Vilalba segue apostando pola formación dos seus asociados e inaugurará o próximo 28 de abril un novo itinerario formativo dirixido a todas as empresas industriais da asociación.

As Xornadas 4.0, que contan con financiamento do IGAPE, celebraranse durante varios mércores nas instalacións da Asociación e teñen como obxectivo crear espazos de encontro entre as empresas para explorar solucións tecnolóxicas, vías de colaboración que permitan implementar ferramentas dixitais colaborativas sectoriais, oportunidades de hibridación intersectorial así como coñecer axudas e subvencións para poder camiñar cara á industria 4.0.

O prazo de inscrición atópese aberto e os interesados poderán apuntarse contactando coa propia Asociación.

FORMACion vilalba sete pontes