A Asociación de Empresarios Sete Pontes sortea vales para gastar no comercio e nos bares de Vilalba

TerraChaXa
A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba puxo en marcha unha nova campaña para estas datas de Nadal.
13 dic 2023

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba puxo en marcha unha nova campaña para estas datas de Nadal. A través da proposta os participantes poderán ganar vales para gastar no comercio local e nos locais hostaleiros asociados.

Ata o venres 15 de decembro, seguir a conta de Instagram de @empresarios_vilalba colectivo ten premio. Con esta simple acción, os usuarios conseguen unha participación para o sorteo e se comparten a publicación a través das historias acadan dúas.

O mércores 13 sortéanse 1 vale de 50 euros para gastar no comercio local e outro para gastar nos bares. O xoves os participantes poderán gañar vales por un importe de 50 euros, mentres que o venres 13, serán 1 vale de 100 euros para gastar no comercio e dous de 50 euros para os locais hostaleiros os que entrarán en xogo.  Os sorteos serán ás 21.00 horas de cada día e anunciaranse os gañadores a través das redes sociais de Sete Pontes.