A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza convidan á veciñanza a ver 'Gaela quere ser druída'

TerraChaXa
Trátase dun espectáculo cómico de marionetas, para todos os públicos e con entrada gratuíta
gaela-quere-ser-druida
30 Oct 2026

A Deputación de Lugo, a través da súa Área de Cultura, pon en marcha os novos circuitos de teatro cunha proposta de carácter familiar que terá lugar o próximo sábado 31, ás 17.00 horas, no Salón de Actos do Concello.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza coa colaboración do Concello e a agrupación teatral Xa-Tá, achegará aos asistentes a obra Gaela quere ser druída, representada por Trécolo Producións. Trátase dun espectáculo cómico de marionetas, dirixido a todos os públicos a partir dos dous anos, cuxa entrada será totalmente de balde.

A trama céntrase en Gaela, unha nena castrexa que non se amedoña facilmente, loitadora na defensa da natureza e en contra das inxustizas que atopa no camiño. A historia comeza cando a protagonista anda aburrida e persigue un día moi importante para ela, xa que en dúas lúas se celebra o consello anual de druídas e non atopa o condimento necesario para a súa nova poción. Finalmente, a nena consegue contarlles o que lle preocupa e expresa o seu desexo de ser druída, pero o mestre négase en rotundo baixo o pretexto de que as nenas non poden ser druídas por tratarse dunha cousa de homes. Llonxe de calmar as ansias da nena, esta resposta convéncea de que ese é o seu fado, polo que Gaela terá que demostrar que ela poderá ser o que desexe se pon todo o seu empeño, tendo que pasar divertidas e emocionantes probas para acadar a súa capa branca.

0.15153503417969