A Asociación de Mulleres Rurais de Muras acollerá un bingo social o último sábado do mes

TerraChaXa
A actividade dará comezo ás 18.00 horas e prolongarase durante toda a tarde
bolas-de-bingo
27 Oct 2026

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras organiza un bingo o vindeiro sábado, 31 de outubro, no local social do concello.

A actividade dará comezo ás 18.00 horas e prolongarase durante toda a tarde. Ao rematar, arredor das 21.30 horas, ofrecerase uns pinchos para todas aquelas persoas que desexen participar, cun prezo de 15 euros por persoa e cunha reserva previa ata o día 25.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao teléfono de Fina (649 006 444). O obxectivo será conseguir bingos ata esgotar os agasallos, ademais de gozar dunha xornada do máis entretida en boa compañía.

0.12649416923523