A Asociación de Mulleres Rurais de Muras organiza unha excursión gratuíta a Sober e Monforte o 9 de xuño

A Asociación de Mulleres Rurais de Muras organiza para o vindeiro martes 9 de xuño unha excursión gratuíta aos concellos de Sober e Monforte, unha actividade que inclúe tanto o desprazamento como a comida para as persoas participantes.
A saída está prevista para as 8:30 horas diante do Concello, desde onde partirá o grupo para desfrutar dunha xornada de convivencia e lecer na comarca da Ribeira Sacra.
As inscricións permanecerán abertas ata o 31 de maio e poden realizarse a través do teléfono 649 00 64 44.
A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Lugo e enmárcase nas actividades promovidas pola Asociación de Mulleres Rurais de Muras para fomentar a participación social e ofrecer propostas de encontro e dinamización entre a veciñanza.