A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza busca persoas para incorporarse á Agrupación Teatral Xa-Tá

A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza fai un chamamento á veciñanza para incorporarse á Agrupación Teatral Xa-Tá, unha iniciativa coa que busca ampliar o seu grupo e sumar novas persoas interesadas no mundo da interpretación.
A actividade comezará a partir do mes de decembro e os ensaios celebraranse os luns ás 20:30 horas. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 659 032 194.
A cota mensual é de 35 euros, aínda que se contempla un desconto para as socias da Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza.
A proposta está organizada pola propia asociación e conta coa colaboración do Concello de Pastoriza. Desde a organización animan a todas as persoas interesadas a sumarse a esta experiencia teatral e formar parte da Agrupación Teatral Xa-Tá.