A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza inicia un novo curso de teatro entre as súas propostas

A Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza inicia un novo curso cunha programación que incorpora diferentes propostas para fomentar a participación e o encontro entre a veciñanza. Entre elas atópase a aposta pola Agrupación Teatral Xa-Tá, un proxecto que comezou o ano pasado.
A agrupación teatral estará organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza en colaboración co Concello e nace do agarimo, o humor e a paixón polas artes escénicas dun grupo de persoas que apostan pola cultura local e polo teatro como ferramenta de encontro comunitario.
A proposta está aberta ás persoas que queiran participar e os ensaios terán lugar os luns ás 20:30 horas. A inscrición ten un custo de 35 euros ao mes, con desconto para as socias da Asociación de Mulleres Rurais de Pastoriza. As persoas interesadas poden anotarse no teléfono 659 032 194.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Pastoriza.