A Asociación de Mulleres Santa Águeda organiza un curso de costura, gancho e calceta en Corbelle

TerraChaXa
As clases desenvolveranse os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas e o prezo será de 25 euros por persoa
curso-de-gancho-costura-e-calceta-en-corbelle
7 Oct 2026

A Asociación de Mulleres Santa Águeda organizará un curso de costura, gancho e calceta na Escola de Corbelle, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar os seus coñecementos nestas disciplinas.

As clases desenvolveranse os luns, en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prezo será de 25 euros por persoa e será necesario contar cun mínimo de dez participantes para poder poñer en marcha a actividade.

O curso permitirá aprender e practicar diferentes técnicas relacionadas coa costura, o gancho e a calceta, nunha proposta pensada tamén como espazo de encontro e convivencia.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do teléfono 690 795 015.

0.18230414390564