A asociación de Pino remata o Camiño de Santiago inglés

TerraChaXa
A Asociación San Martiño de Pino, en Cospeito, remata unha nova edición do Camiño de Santiago.
5 Abr 2024

A Asociación San Martiño de Pino, en Cospeito, remata unha nova edición do Camiño de Santiago. Así, o 14 de abril farase o último tramo, os últimos 8 quilómetros, ata a cidade.

Sairase ás 8.00 horas dos puntos habituais e inclúese bus e xantar.

Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas. Ten un prezo de 35 euros para os socios e de 40 para os non socios.

O prazo para inscribirse remata o 7 de abril e para realizarse deberá haber un mínimo de 17 persoas.

0.2020537853241