A asociación de San Martiño de Pino organiza cursos de costura e pandeireta

TerraChaXa
As clases comezarán a primeira semana de setembro
cursos-pandeireta-e-costura-pino
Carteis
29 Ago 2024

A asociación San Martiño de Pino prepara xa o novo curso e anunciou a celebración de dúas actividades para as que xa está aberto o prazo de inscrición.

Trátase dun curso de pandeireta a cargo de Lucía Río, que se celebrará todos os venres, de 17.00 a 18.00 horas local social da escola. As clases darán comezo o 6 de setembro.

Ademais, a partir do día 7 haberá costura con Aurora Regueiro todos os sábados, tamén de de 17.00 a 18.00 horas local social da escola.

O prezo da formación, nos dous casos, é de 15 euros para os non socios. Para os membros do colectivo a costura será de balde e a clase de pandeireta terá un prezo de 10 euros.

0.074200868606567