A Asociación de Veciños de Cabreiros continúa co programa de rutas de sendeirismo

A Asociación de Veciños de Cabreiros continúa o domingo 25 de abril o seu programa de rutas de sendeirismo para o ano 2026, unha proposta que inclúe catro percorridos pensados para seguir fomentando a actividade física e o descubrimento de espazos naturais en boa compañía. A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Xermade, combinará natureza, convivencia e patrimonio ao longo da primavera.
A terceira cita será coa Ruta da Ventureira, en Capela, de carácter circular e 12 quilómetros de distancia de dificultade baixa. A última proposta terá lugar o domingo 31 de maio co Camiño de Inverno entre A Pobra do Brollón e Monforte, unha ruta lineal de 13 quilómetros igualmente accesible.
Haberá xantar en restaurante ao remate da ruta, así como da opción de desprazamento en autobús para facilitar a participación. As persoas interesadas poden anotarse a través do teléfono 686 10 47 80 antes do 20 de abril.
Coa posta en marcha deste programa, a Asociación de Veciños de Cabreiros reforza a súa aposta por promover hábitos saudables e poñer en valor os recunchos naturais do territorio a través dunha oferta aberta á veciñanza.