A Asociación de Veciños de Roupar organiza unha excursión á Costa da Morte e ás fervenzas do Ézaro

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición ata o 12 de maio
Cascada-do-Ézaro
9 May 2026

A Asociación de Veciños de Roupar organizará o vindeiro 23 de maio unha excursión á Costa da Morte e ás fervenzas do Ézaro, unha viaxe que permitirá ás persoas participantes coñecer algúns dos enclaves máis destacados desta zona da costa galega.

A actividade inclúe o desprazamento en autobús durante todo o percorrido, guía acompañante, xantar en restaurante, entrada ao Museo do Encaixe e visitas a Camariñas, Fisterra e O Ézaro, ademais do seguro de viaxe.

O prezo da excursión será de 30 euros para as persoas socias e de 40 euros para as non socias. A saída está prevista ás 08.00 horas desde a Escola da Casanova.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición contactando cos teléfonos 608 83 51 65 ou 678 06 31 11. O prazo para realizar reservas permanecerá aberto ata o 12 de maio.

Dende a organización sinalan que a viaxe se realizará sempre que se alcance un mínimo de 40 persoas participantes.

0.13830614089966