A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza clases de baile os martes

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade organiza sesións de baile todos os martes ás 21.00 horas, cunha proposta que combina música, diversión e actividade física nun ambiente pensado para aprender e compartir.
As clases inclúen diferentes estilos, como bachata, merengue, salsa e bailes de salón, ademais doutras modalidades para que as persoas participantes poidan ampliar os seus coñecementos e gozar do baile en grupo.
Baixo o lema «Bótase un baile!», a iniciativa busca ofrecer un espazo de encontro no que aprender novos pasos, coñecer xente e pasar un bo momento ao ritmo da música.
As persoas interesadas en obter máis información poden contactar con Almudena no teléfono 698 185 859 ou con Lucía no 651 478 916.