A Asociación Feminista de Vilalba proxectará un documental con motivo do 8M

TerraChaXa
A Asociación Feminista de Vilalba, dentro das actividades previstas con motivo do 8 de marzo, Día da muller traballadora, levará a cabo a proxección do documental Cuidado, Resbala.
Captura de pantalla 2020 03 05 a las 18.21.30
6 Mar 2020

A Asociación Feminista de Vilalba, dentro das actividades previstas con motivo do 8 de marzo, Día da muller traballadora, levará a cabo a proxección do documental Cuidado, Resbala.

Poderase ver o sábado 7 de marzo ás 20.00 horas no salón de actos do IES Basanta Silva. A actividade será de balde.

Esta obra está baixo o guión e dirección de María Camacho, Montserrat Clos, Mercedes Cordero, Vanessa Gómez, Leonor Jiménez, Nadia Ruíz e Carolina Suárez e producida polo Círculo de Mujeres, a película conta coa financiación da Deputación de Málaga e a colaboración de La Mirada Invertida.

A obra trata sobre como vive a sociedade e onde se priorizan as actividades remuneradas, que reportan prestixio, pero existen tarefas invisibles e imprescindibles para soster a vida de todos e todas.

Este documental aborda unha das preocupacións da sociedade en xeral e dos movementos feministas en particular, o traballo dos coidados. Quen os realiza, como se valoran, que necesarios son, que aportan. Sen coidados non hai vida e sen vida non hai política, nin mercados, nin crisis,... non hai absolutamente nada. Que pasaría se as traballadoras domésticas se declarasen en folga de coidados?

Captura de pantalla 2020 03 05 a las 18.21.30
0.1507511138916