A Asociación Festas Santa Isabel celebra a Festa do Socio de Friol

LugoXa | TerraChaXa
A inscrición é obrigatoria para poder participar na cea, cunha cota gratuíta para socios e un prezo de 30 euros para os non socios
festa-do-socio-friol
13 Sep 2026

A Asociación Cultural Festas Santa Isabel organiza o sábado 26 a tradicional Festa do Socio en Friol. A cita terá lugar no pavillón municipal a partir das 14:30 horas e reunirá veciños e veciñas arredor dun xuntar con polbo e carne ó caldeiro.

A celebración incluirá música, sorteos, agasallos e diversas sorpresas para animar unha tarde que busca ser un punto de encontro e convivencia.

A inscrición é obrigatoria para poder participar no xantar, cunha cota gratuíta para socios e un prezo de 3o euros para os non socios.

O prazo para anotarse remata o 2o de setembro e pode facerse a través a través de calquera dos membros da asociación.

0.14290404319763