A Asociación Hume presentará en As Pontes o número 18 da súa revista

TerraChaXa
O acto celebrarase este venres 3 de xullo na Casa Dopeso e incluirá a entrega dos galardóns da décima edición do Certame de Investigación Hume
entrega-premios-hume
2 Jul 2026

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume celebrará este venres, 3 de xullo, un acto cultural na Casa Dopeso das Pontes no que presentará o número 18 da revista Hume e fará entrega dos premios correspondentes á décima edición do Certame de Investigación Hume.

O evento dará comezo ás 20.00 horas e reunirá a persoas interesadas na historia, a investigación e o patrimonio local. Durante a xornada darase a coñecer o novo exemplar da publicación, que continúa coa súa labor de divulgación e estudo da realidade histórica e social das Pontes e da súa contorna.

A revista Hume, dedicada aos estudos históricos locais, alcanza así a súa décimo oitava edición, consolidándose como unha referencia para a difusión de traballos de investigación relacionados coa memoria, a cultura e o patrimonio do municipio.

Ademais da presentación da publicación, o acto servirá para recoñecer os traballos premiados no X Certame de Investigación Hume, unha iniciativa que busca fomentar a investigación e a conservación do coñecemento histórico e social.

A organización informou de que cada persoa asistente recibirá un exemplar da revista. A actividade conta coa colaboración do Concello das Pontes e da Deputación da Coruña.

0.1012761592865