A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol comezou cos cursos

Pol
TerraChaXa
A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol, vén de comezar os cursos de este ano.
7 Out 2019

A Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol, vén de comezar os cursos de este ano. Así, esta semana comezaron un de ganchillo e calceta, ademais de costura básica que será os martes de 16 a 18 na Biblioteca do Concello.

Tamén comezaron un de ioda no local da Carballeira de 16 a 17, e repiten o curso de bolillos, xa que tuvo moi boa aceptación entre os asociados.

A maioría destes cursos rematarán en decembro, e está aberta a inscrición para participar neles. tan so hai que pagar o prezo do curso que é de 20 euros para as socias e 23 para as non socias.

Desde a asociación, lembran que abriron os cursos de adultos para a piscina e que serán de 21.30 a 22.30; e que seguen cos cursos de pilates os martes a noite.

Este outubro a asociación fará un xantar co motivo do seu 20 aniversario, aínda que non teñen de momento plantexada a xornada festiva.

0.15336012840271