A Asociación San Martiño de Pino celebrará o sábado 22 o Lume Novo

TerraChaXa
Haberá un xantar a base de xamón cocido, polbo e churrasco e na cea poderase desfrutar tamén de paella
lume-novo-pino
Cartel
17 Xuño 2024

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará o vindeiro sábado 22 de xuño a tradicional festa de Lume Novo na Veiga de Porto.

Esta xornada festiva dará comezo ás 13.30 horas cunha misa campestre seguida da actuación de Verónica Cambón. Xa pola tarde ás 16.30 horas será a actuación do grupo de Pandereteiras de Caldaloba e os xogos tradicionais. Farase o acendido da cacharela antes da cea e porá a nota musical de novo, Verónica Cambón.

Haberá un xantar a cargo do bar Rochela a base de xamón cocido, polbo, churrasco, bebidas, sobremesa e café, así como na hora da cea poderase desfrutar tamén de paella, bebidas, sobremesa e café.

Para poder asistir é necesario anotarse previo pago ante calquera membro da directiva antes do 14 de xuño. O prezo para os socios é de 32 euros e para os que non o sexan 42 e os pequenos de 7 a 11 anos pagarán 16 euros.

lume-novo-pino-cartel
0.18368291854858