A asociación veciñal de Nausti convoca unha excursión á Costa da Morte

TerraChaXa

A asociación veciña Nausti, en Noche, convoca unha excursión á Costa da Morte, que se desenvolverá o 27 de abril para un grupo mínimo de 30 persoas.

excursion nausti costa da morte portada
excursion nausti costa da morte portada
15 abr 2024

A asociación veciña Nausti, en Noche, convoca unha excursión á Costa da Morte, que se desenvolverá o 27 de abril para un grupo mínimo de 30 persoas.

Esta sairá ás 8.00 horas do restaurante Nova Ruta. Farase almorzo en ruta e visita ao castelo de Vimianzo en Muxía. Está previsto o xantar en Cee, no restaurante Insua e, pola tarde, visitas á cascada de Ézaro-Corcubión e Finisterre.

O xantar consistirá en fideos con ameixas, parrillada de peixe, carne asada con patacas, sobremesa, bebida e café.

O prezo da excursión con todo incluído é de 40 euros para socios e de 45 para non socios.

A data límite para anotarse é o 22 de abril. Esta debe facerse con Veva no teléfono 625 521 113.