A Asociación XERando celebrará o 20 de maio a súa Asemblea Xeral Ordinaria en Xermade

A Asociación XERando, Comunidade de Enerxías Renovables de Xermade, celebrará este mércores 20 de maio a súa Asemblea Xeral Ordinaria no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Xermade, situado na Avenida das Pontes.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria. Na reunión abordaranse distintos asuntos relacionados coa actividade e funcionamento da entidade.
Entre os puntos da orde do día figura a lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior, así como un informe sobre as novas incorporacións á asociación.
Ademais, someterase a aprobación a contabilidade correspondente ao exercicio 2025, a liquidación do orzamento e a memoria de actividades do pasado ano. A sesión servirá tamén para presentar e aprobar, se procede, o orzamento para 2026 e a nova memoria de actividades.
Outro dos asuntos previstos será a autorización á Xunta Directiva, rematando a reunión cun apartado dedicado a rogos e preguntas.