A atleta Adiaratou Iglesias visitou os rapaces do centro Santo Anxo de Rábade

TerraChaXa | LugoXa
A atleta dos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, Adiaratou Iglesias, visitou as rapazas e rapaces do centro de menores de Santo Anxo de Rábade
Adiaratou Iglesias visita santo anxo rabade
Adiaratou Iglesias visita santo anxo rabade
28 Dec 2021

A atleta Adiaratou Iglesias, gañadora dunha medalla de ouro e outra de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020, visitou as rapazas e rapaces do centro de menores de Santo Anxo de Rábade para achegarlles a súa historia. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañou na visita á atleta.

Adiratou Iglesias naceu en Mali e estivo os seu primeiros anos de vida nun centro de menores ata que foi adoptada por unha familia lucense. A deportista falou coas mozas e mozos do centro de menores para explicarlle que ela tamén estivo nunha situación semellante á deles.

Pola súa banda, Jacobo Rey, puxo en valor as historias de esforzo e superación como a de Adiratou para achegar aos menores que están dentro do sistema de protección do Goberno galego todas as posibilidades que teñen.

0.17292499542236