A auga da rede municipal de Cospeito declárase apta para o consumo e levántase a restrición temporal

TerraChaXa
Deste xeito, a auga da rede municipal pode empregarse con normalidade para beber, cociñar e a preparación de alimentos
Imaxe dun grifo de auga
22 May 2026

O Concello de Cospeito informou de que, tras recibir os resultados das últimas análises realizadas na rede de abastecemento de auga, os parámetros obtidos sitúanse dentro dos límites establecidos pola normativa vixente, polo que se considera que a auga é apta para o consumo humano.

En consecuencia, queda sen efecto a restrición temporal que fora aplicada mediante bando municipal o pasado 8 de maio de 2026 e que afectaba ás parroquias de Momán, Xustás, Bexán e Roás, así como aos núcleos de Arneiro, Mide, O Pacio e Costa da Zapateira.

Deste xeito, a auga da rede municipal pode empregarse con normalidade para beber, cociñar e a preparación de alimentos.

O goberno local agradeceu a comprensión e colaboración da veciñanza durante o período no que a medida estivo vixente e avanzou que continuará traballando na mellora dos sistemas de control e resposta ante este tipo de incidencias, co obxectivo de garantir a máxima seguridade dun servizo esencial como é o abastecemento de auga potable.

0.10448789596558