A Aula Cemit de Guitiriz acolle un curso de habilidades dixitais

TerraChaXa
A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá durante os días 14 e 15 de outubro o taller Habilidade dixitais para o emprego e o emprendemento.
curso habilidades dixitais portada
curso habilidades dixitais portada
23 sep 2021

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá durante os días 14 e 15 de outubro o taller Habilidade dixitais para o emprego e o emprendemento, para o que o prazo de inscrición xa está aberto. Será impartido pola Fundación Mujeres, a través do proxecto Digitalizadas, e dirixido a mulleres desempregadas ou non, menores de de 65 anos.

A formación terá lugar na Aula CeMIT de Guitiriz (edificio de telecentro) durante os días 14 e 15 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro 8 de outubro e o obradoiro consiste en seis horas formativas repartidas en dous días nos que se tratarán ferramentas tecnolóxica para a busca de emprego, portais de emprego: como elaborar un perfil 100% completo e unha entrevista de emprego.

Ao rematar o curso, a Fundación Mujeres emitirá un certificado a cada unha das persoas participantes.

As persoas interesadas poderán inscribirse chamando ao 982 370 062 ou enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal
curso habilidades dixitais guitiriz
0.18412804603577