A Aula CeMIT de Guitiriz celebra unha nova edición do Verán Dixital

TerraChaXa
A aula CeMIT do Concello de Guitiriz celebrará unha nova edición de verán dixital. O prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de xuño.
CARTAZ VERAN DIXITAL GUITIRZ AULA CEMIT PORTADA
CARTAZ VERAN DIXITAL GUITIRZ AULA CEMIT PORTADA
9 Xuño 2022

Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do concello de Guitiriz celebrará unha nova edición de Verán Dixital.

Co obxectivo de introducir aos máis pequenos no mundo das novas tecnoloxías, de forma divertida e práctica, irán adquirindo habilidade e experiencia no uso do ordenador e  familiarizaranse cos programas que máis se adecúan á súa idade e intereses.

Esta actividade da Aula CeMIT Guitiriz desenvolverase entre os meses de xullo e agosto, os luns e mércores de 10:30h a 12:00h, e está destinada aos cativos e cativas de entre 9 a 12 anos de idade.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

A actividade conta con prazas limitadas. A inscrición realizarase na propia aula aula Cemit en horario de 10 a 12 horas.

Prazo de inscrición, xa aberto, é ata o 21 de xuño.

Para máis información chamar ao teléfono 982.370.062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal

0.18886303901672