A aula CeMIT de Guitiriz imparte este mes tres cursos

TerraChaXa
A Aula CeMIT do Concello de Guitiriz convoca cinco talleres de informática para o mes de febreiro abertos a toda a poboación.
3 Feb 2021

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz convoca cinco talleres de informática para o mes de febreiro.

A veciñanza do Concello de Guitiriz, poderá optar a diversa formación no ámbito tecnolóxico, todos eles de balde.

O primeiro taller leva por título Trámites Online coa Adaministración sen certificado. Conta cunha duración de 6 h. Dirixido a aquelas persoas queiran aprender a comunicarse coa administración de maneira electrónica. Levárase a cabo os días 9, 10, 11 de febreiro, en horario de 10 a 12:00h.

Tamén impartirase Trámites Online coa Adaministración con certificado dixital. Conta cunha duración de 12 h. Dirixido a aquelas persoas queiran aprender a comunicarse coa administración de maneira electrónica empregando un certificado dixital. Levárase a cabo os días 16,17,18,23,24, 25 de febreiro, en horario de 10 a 12:00h.

Combinarase tamén con outro sobre Aplicación móbil: Watsapp. Conta cunha duración de 12 horas. Dirixido a persoas que teñan interese en aprender a manexar a ferramenta de comunicación WhatsApp. Levárase a cabo os días 9, 11, 16, 18, 23, 25 de febreiro, en horario de 16:30 a 18:30h .

Crea e actualiza o teu currículm vítae conta cunha duración de 4,5 h. Dirixido a aquelas persoas necesiten crear ou modificar o seu curriculum vitae*. Levárase a cabo os días 13, 20, 27 de febreiro, en horario de 10 a 11:30h. A responsable da aula guiará a cada participante na elaboración do seu cv.

Libre Office Calc Básico é o título do último curso. Taller a realizar online. Conta cunha duración de 25 horas. A realizar entre o 08 de febreiro e o 12 de marzo. Dirixido a toda persoa que teña interese en iniciarse na elaboración de follas de cálculo.

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

As persoas interesadas poderán inscribirse ou solicitar máis información sobre a citada actividade, na Aula CeMIT de Guitiriz situada na Rúa do Concello, s/n, 27300, chamar ao teléfono 982 370 062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal

0.17297101020813